sábado, 20 de junio de 2015

LIBRO DO UNIVERSO DO ALUMANADO DE MIRIAM E ISABEL

Aquí vos deixamos o libro que elaboramos Miriam e Isabel co alumnado de 2ºB e 2ºA respectivamente, no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé de As Neves. Durante todo o proceso xuntamos os nenos e nenas das dúas aulas, para traballar de xeito conxunto. Foi unha experiencia moi enriquecedora e os nenos aprenderon e gozaron moito coas actividades, e tamén as profes.


jueves, 4 de junio de 2015

O libro do UNIVERSO do alumnado de Pura e Loli.

Iste é un ISSUU do libro que elaborou o alumnado das profes Pura e Loli. (CEIP de Punxín e aula de 1ºB de Seixalbo, Ourense)
Aínda que pertencen a centros distintos, fixeron o traballo en equipo entre as dúa aulas e iste é o espectacular resultado:


domingo, 17 de mayo de 2015

O LIBRO DO UNIVERSO DE OLIVEIRA

As clases de 1º e 2º de Oliveira fixemos o noso libro do Universo, cada clase fixo o seu propio,  no mesmo formato e tamaño, unha vez elaborada cada unha das partes, decidimos xuntalas para crear un único libro coas nosas preguntas e respostas sobre o Universo.

Imos plastificalo para que teña unha longa vida na BIBLIOTECA do noso centro e así poder miralo cando queiramos .
 Pero tamén o volcamos nun  ISSUU para poder compartilo coas familias, e con outros nenos e nenas, acó vos queda o noso libro, do que estamos moi orgullosas e orgullosos.




viernes, 1 de mayo de 2015

SESIÓN DO 28 DE ABRIL- AVALIACIÓN

BUENO ESTO ESTÁ CHEGANDO Á SÚA FIN!!!!!!

De novo volvemos a reunirnos en Punxín, e estivemos acompañadas  por Ana Mariño e Susana Lamela.
Na primeira parte do encontro falamos de como van os nosos libros do UNIVERSO, explicando os problemas cos que nos fomos atopando (preguntas sen resposta, dificultade para interpretar e seleccionar a información debido á idade do alumnado, etc) e como os fomos resolvendo así como vai ser a estructura dos nosos libros.


Na segunda parte que foi a máis extensa, as nosas asesoras explicáronnos como avaliar ao noso alumnado. Faláronnos das decisións que hai que tomar a nivel de centro respecto dos estándares de aprendizaxe (selección e porcentaxe que se lle da a cada un). Na metade da sesión fixemos un parón de 3 MINUTOS durante os cales escribimos en pequeno grupo as dúbidas que tiñamos sobre o tema.
Tras este parón seguiron falándonos do que é avaliar e que procedementos, técnicas e instrumentos de avaliación podemos utilizar.


Debido á complexidade do tema e a falta de tempo para explicar todo detalladamente, decidimos centrarnos nas RÚBRICAS (por ser algo novidoso e que nos ten bastante intrigadas). Déronnos algunhas pautas (trucos e palabras clave) para axudar a facer rúbricas para algún dos estándares de aprendizaxe.
Compartiron con nós ista interesante  presentación sobre a AVALIACIÓN:
                                              Sesión avaliación from Mestra Primaria


E tamén visionamos un vídeo no que o alumnado explicaba a utilidade que para eles teñen as rúbricas, moi interesante tamén: La rúbrica explicada por los alumnos - Captioned | Dotsub

E así finalizamos unha xornada máis!!!!

jueves, 16 de abril de 2015

Traballando sobre o Universo na clase de 2º en Oliveira

Na nosa clase estamos traballando o tema dende distintos enfoques, ademais da área de coñecemento estamos traballando tamén na área de língua e potenciando a nosa imaxinación . Comezamos cunha nova do xornal escolar da Voz de Galicia: Chegou a hora de falar con extraterrestres? que nos deu moitísmo xogo e deu lugar á que voase a nosa imaxinación especulando sobre o tema.



Dando lugar a un amplo debate sobre se cremos que existen os extraterrestres, ou no seu caso vida noutros planetas ( e tamén falamos moito sobre a existencia de auga noutros planetas.. microorganismos..).. sometemos o tema á votación, e o resultado é o que podedes observar na imaxe...




Despois deixamos voar a nosa imaxinación:   Se foses unha científica ou científico e tivese que enviar unha mensaxe ó espazo que escribirías? Acó tedes algunhas respostas



Despois trocamos os papeis  e démoslle a volta á tortilla..  e a pregunta foi  a seguinte:



E tivemos respostas do máis orixinal, planetas onde había miles de cores, formas e tamén moi doces nos que todo absolutamente todo eran lambetadas...



Cando tiñamos o tema algo dominado, fixemos un rap coa APP AUTORAP que tanto nos gusta, coas cousas que máis nos chamaron a atención sobre a temática. O NOSO RAP DO UNIVERSO.

Mentres traballabamos o tema pasou algo que nos chamou moitísimo a atención:  A ECLIPSE, e investigamos moito, miramos artigos de prensa e aprendimos como debíamos observar a eclipse, porqué ocorría e tamén cando sería a próxima... acó vos queda un link ó noso blogue de aula para que vexades canto investigamos sobre a ECLIPSE DO 20 DE MARZO.  

E non so traballamos linguas, tamén traballamos educación artística, e a profe Ana fixo con nós unha actividade artística que nos gustou moito moito moito.  E estivemos elaborando unha gráfica despois de enquisar ós nenos e nenas de primaria... E a profe Silvia tamén traballou con nós o universo.

E agora estamos elaborando o noso LIBRO DO UNIVERSO... seguiremos informando!!!!!

No noso blogue de aula,  temos unha categoría UNIVERSO na que iremos poñendo todo o relacionado co tema.


Para celebrar os 25 años do lanzamento do telescopio espacial Hubble, a banda granadina Lori Meyers grabou un tema en exclusiva para National Geographic Channel titulado Telescopio Hubble, que xa ten un videoclip!!! E mirámolo hoxe en clase, gustounos moooito moitooo!!

viernes, 10 de abril de 2015

Symbaloo: UNIVERSO

Neste symbaloo recóllense enlaces a distintos recursos para empregar no desenvolvemento do noso traballo sobre o Universo.



 

martes, 17 de marzo de 2015

TAREFA: FACEMOS O NOSO LIBRO : Actividade 1: QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER (TODAS)

EXERCICIO 1: Cómo medio de estímulo inicial para a tarefa do Universo eleximos o conto "A que sabe a Lúa"

Esta é unha das opcións de presentarlles o conto sen ter que lelo nós. E poderiase aproveitar para traballar de paso a comprensión lectora. 




EXERCICIO 2: Que sabemos do Universo?

EXERCICIO 3: Que queremos saber?

Ao rematar o exercicio 3 teremos un listado de preguntas  que serán a base para o desenvolvemento das demais actividades. 

lunes, 16 de marzo de 2015

Sesión do 16 de marzo. Compartindo inquedanzas con Ana e Susana.

Hoxe reunímonos na escoliña de Punxín.

Contamos coa presenza de Susana Lamela e Ana Mariño que nos escoitaron e asesoraron sobre o noso mar de dúbidas. ( Moitas grazas ás dúas por vir e pola vosa paciencia )

Coma sempre sucede nas nosas reunións, habia algo doce e rico para degustar, grazas a Loli que hoxe nos trouxo un biscoitiño ben xeitoso!! 

Sobre o traballo desenvolvido hoxe, pois somos conscientes de que somos moi distintas á hora de traballar, e desenvolver as nosas actividades, utilizando o  guión que nos deron Ana e  Susana fixemos  unha posta en común do camiño percorrido ata chegar a decisión de cal ia ser a nosa abordaxe á temática  do Universo que imos desenvolver todas. E simplificar ó máximo o proceso.

7 enriquecedores distintos puntos de vista, e 7 xeitos diferentes de enfocar a mesma TAREFA: a elaboración dun libro de preguntas e respostas sobre o Universo.

A través de 4 ACTIVIDADES e os seus correspondentes EXERCICIOS para concretizar a nosa tarefa.

Estamos plenamente convencidas de que aínda que partimos da mesma TAREFA e temos claras as ACTIVIDADES ( cos seus correspondentes exercicios)os resultados que van  saír van ser tan diversos e orixinais coma o noso alumnado.

Resolvemos parte das nosas dúbidas, aínda que cada pasiño que avanzamos, parece que surxen máis, pero sobre todo traballamos , compartimos e aprendemos unhas das outras, dende a admiración e o respecto e  tentando facer da nosa práctica educativa e das nosas aulas un lugar idóneo para facilitar a aprendizaxe do noso alumnado.

Por outra banda por suxerencia de Ana e Susana imos a crear unha “etiqueta” (ou tag) no blogue para recoller as cousiñas que imos traballando sobre ista temática, ademais da elaboración do libro asique a partir de agora, algunhas das cousiñas que facemos nas nosas aulas deixaranse caer por acó. Porque está ben compartir co mundo...

Deixovos ista pequena reflexión, (da que realmente non sei quen é o seu autor ou autora ) pero que hoxe reflicte perfectamente como me sinto, e penso que podería dicir, sen medo a equivocarme: como nos sentimos as rebuldeiras no día de hoxe:




   

martes, 3 de marzo de 2015

NOVA XUNTANZA: AS TAREFAS

Onte tivemos unha nova xuntanza en Punxin. Colexio ao que lle imos collendo cada vez máis apego ;-). Nesta ocasión acompañáronos Ana e Susana para axudarnos a entender a diferenza entre exercicio, actividade e tarefa. Isto non é nada sinxelo, e certamente custounos establecer esa diferenza.

Primeiro fixo Susana unha presentación en prezi na que nos explicou, de xeito moi visual e sinxelo, como se debe programar tendo en conta a nova lei e o novo currículo de primaria. O camiño que temos que comezar é o de deseñar tarefas para o noso alumnado.

Queda aquí o Prezi que nos presentou:




Vendo este prezi e coa explicación, conseguimos entender o que é unha tarefa.

TAREFA = PRODUCTO FINAL CREATIVO, ELABORADO POLO NOSO ALUMNADO E QUE TEÑA UNHA REPERCUSIÓN SOCIAL. 

Unha vez que entendemos iso, seguimos. Debatimos tamén sobre a avaliación e vimos que temos que establecer distintas ferramentas para avaliar e asignalas aos estándares de aprendizaxe. Isto implica, que un estándar pode ser avaliado por observación, outro a través dunha rúbrica e outros a través de fichas de control, autaavaliación ou coavaliación. Hai moitas ferramentas é o noso traballo consistirá en elexir a máis axeitada para cada estándar.

Agora tocaba pensar nunha tarefa que iamos establecer para a nosa programación relacionada coa temática do Universo. O primeiro que fixemos foi unha choiva de ideas na que cada unha aportaba a súa proposta de tarefa. Logo de facer unha votación saiu:

TAREFA UNIVERSO = UN LIBRO

Se pensamos que con iso xa tiñamos moito adiantado, estabamos equivocadas. Porque unha vez que  expresamos en alto a nosa idea de libro, démonos conta de que cada unha de nós pensara nun libro diferente, tanto en contido como en modelo e acabado.

Vendo isto chegouse á conclusión de que por parellas, iamos plasmar no esquema de deseño de tarefa a nosa idea de libro. Isto levará a que teñamos 4 modelos diferentes.

Logo, nunha seguinte sesión poremos as nosas ideas en común e trataremos de chegar a un modelo único que vaiamos facer nas nosas aulas.

E tamén vos deixamos iste  interesante e orixinal vídeo titorial elaborado por Ana, sobre o deseño de tarefas:

                        

SEGUIREMOS AVANZANDO E INFORMANDO!!!

lunes, 2 de marzo de 2015

Nova APP: BAMBOO PAPER

Hoxe queremos presentar outra APP moi útil. Descubrimos

BAMBOO PAPER

Con esta aplicación temos na nosa tablet e incluso no noso móvil un caderno no que podemos escribir, co que podemos crear debuxos, titoriais e moitísimo máis. 

Aquí deixamos un videotutorial 


Video aloxado en YouTube por jobumaru

Para descargar a APP picade no dispositivo que tedes.

ANDROID

IPAD

domingo, 1 de marzo de 2015

Deseño de TAREFAS


Esta sesión leva por título GUIÓN 
porque dentro do proxecto de formación 
será o momento no que empecemos a traballar co texto, 
co currículo, coas competencias, cos estándares...


ESQUEMA DA SESIÓN



PLANTILLA PARA FACER O PRIMEIRO BOCETO  DA TAREFA


PLANTILLA PARA DESEÑAR A TAREFA COMPLETA

Por último, preséntase a plantilla para a deseño da vosa tarefa, 
que será posta en práctica na aula no mes de MAIO.

Temos de prazo ata o día 19 de marzo para realizar o deseño da tarefa.


Para descargar as plantillas premedes en cada imaxe 
e despois dende Archivo escolledes o formato de descarga que prefirades.



XUNTANZA DO 9 DE FEBREIRO

Imaxe feita con Bamboo Paper.

 O pasado 9 de Febreiro reunímonos todas as compañeiras que formamos o grupo de traballo, a xuntanza esta vez foi no CEIP de Punxín. 

  Fixemos unha posta en común sobre o traballo realizado a modo persoal: os contidos, criterios e estándares de aprendizaxe que marcamos para cada unha na materia/ etapa que nos asignáramos na anterior xuntanza ca finalidade de empezar a traballar o tema do UNIVERSO.

 A decisión final que tomamos entre todas foi a de facer un PROXECTO con este tema, algo que nos inqueda porque a maioría de nos descoñecemos bastante o mundo de traballar por proxectos.

 Logo de intercambiar as nosas impresións, surxíronnos moitas mais dúbidas polo que decidimos deixar o traballo feito como estaba ata ese momnto e ilo modificando sobre a marcha. Arrancamos así a nosa andaina co proxecto "O UNIVERSO" que decidimos sería a través do conto: "A que sabe a lúa" o cal podemos acompañar co visionado dalgún vídeo.

 A partir de aí miraremos cara onde enfocamos o noso traballo. Guiaremos ó alumnado pero tamén deixaremos que sexan eles os que nos vaian amosando as súas inquedanzas, o que realmente lles interesa saber, o que descoñecen... Para isto partiremos de preguntas como... que sabes da lúa?,onde está?,que vos gustaría saber dela?

 E con estas ideas puxemos fin a esta xuntanza, ilusionadas por ver os resultados ao levar as propostas ó noso  alumnado.

jueves, 19 de febrero de 2015

Usamos Google Drive para desenvolver a nosa proposta de traballo.


Na sesión do pasado 5 de febreiro decidimos crear entre todas unha "tarefa"/ conxunto de actividades sobre un núcleo vertebrador que incorporase todas as materias, dun xeito específico e transversal.
A temática elexida foi o UNIVERSO.

Para facer operativo o noso traballo decidimos traballar con Google Drive, creando dous documentos un para 1º e outro para 2º de primaria e así poder participar todas .


Acó vos queda un titorial de Google Drive




E tamén un vídeo explicativo que non está nada mal:

miércoles, 18 de febrero de 2015

PRÁCTICAMOS COA TABLET: WORD MOSAIC

Outra app coa que experimentamos foi

VISUAL POETRY-WORD COLLAGE



coa que podemos facer distintos mosaicos de palabras. Está dispoñible en iTunes por cerca de 2.50€ para o uso en IPads.

Son Miriam e empreguei esta aplicación con un grupiño de alumnos da miña titoría. Aproveitando que estabamos a traballar a PAZ pois mandeinos que pensaran palabras relacionadas con ese termo e cas escribiran nun papel. A idea non lles pareceu demasiado atractiva pero cambioulles a cara cando lles din a tablet e díxenlles que cada un escribira a súa palabra. Finalmente, cando viron o resultado final estaban estusiasmados, querían repetir. Resultou moi divertida esta APP para os nenos o NEGATIVO que lle vexo que con unha soa tablet e tantos nenos non fai posible que todos traballen, habería que facer distintos turnos.
Aquí está o resultado do noso traballo.




Son Rocío, e o meu alumnado de 6º de EP xa estaba familiarizado con este tipo de traballos realizados en papel; sen embargo, o feito de traballar coa tablet aportou non só coñecementos sobre o tema que estabamos vendo na clase (o verbo), senón que tamén mellorou o noso traballo en equipo e en parellas, a nosa capacidade de resumir e de poñerse de acordo para que o produto final fose do agrado de todos e todas.
O noso traballo consistíu en seleccionar diferentes apartados deste tema tan amplo e dividilo en diferentes partes para plasmalo en diferentes caligramas. Encantoulles o feito de poder cambiar as formas, cores e disposicións das palabras, así como tamén que se encargaron eles de todo o proceso, é dicir, dende que abriron a aplicación ata que gardaron os cambios e resultados finais.
Aquí está o traballo feito:


              

           

                       



miércoles, 11 de febrero de 2015

Xuntanza 5 de febreiro

 
O pasado xoves 5 de febreiro reunímonos as integrantes do grupo de traballo para por fin ter unha sesión nós soas, sen directrices, para falar coordinarnos e poñernos un pouco en camiño       

Fixemos unha posta en común sobre as nosas dúbidas e sobre as nosas espectativas con respecto ó noso grupo de traballo.

As palabras que máis surxiron ó longo da nosa reunión son as que conforman a estrela que coroa esta entrada ó blogue.
As nosas dúbidas, inquedanzas , compartimos tamén a nosa organización das programacións especialmente no primeiro ciclo expoñendo como as elaboramos, a temporalización.. os bloques de contidos..
 Son as nosas programacións operativas? Como elaborar as rúbricas? Estámolo facendo correctamente? 
Falamos tamén da distribución dos contidos e dos cadros signifcativos, adaptando os contidos á propia realidade do noso alumnado.

E propuxémonos unha tarefa: elexir un tema por votación ( as opcións eran : paso/liña do tempo, vivir en sociedade, as eleccións o mundo que nos rodea: o universo), neste caso foi o UNIVERSO:O mundo que nos rodea. Bloque 2 de ciencias socias 

 Partindo de aí tentando asociar en todas as materias os contidos a traballar sobre iste tema.
1. Ler o currículo que encaixa no universo? calendario.. tempo, meses, días, o mundo que nos rodea
2- Ver que criterio lle corresponde e os estándares. Contido/criterio/standar..
Secuenciamos en 1º e 2º de primaria e repartimos a tarefa por materias en dous pequenos grupos. Co compromiso de ler e seleccionar en todas as materias os contidos relacionados. E así crear partindo dunha temática común unha serie de actividades , recursos , avaliación das mesmas.. etc...

COMPETENCIAS/ACTIVIDADES/RÚBRICAS/RECURSOS.

Unha vez recompilado e feita unha posta en común a nosa idea é buscar/crear recursos coas tablets para reforzar a temática do Universo.

Estamos fornando a idea, a ver que sae daí...


lunes, 2 de febrero de 2015

XUNTANZA 2 DE FEBREIRO

  

O luns 2 de febreiro xuntámonos no C..E.I.P Santiago de Oliveira para contar como nos fora coas nosas experiencias coas tablets e as aplicacións que nos ensinara Ana na sesión anterior. Contamos coa presenza de Susana Lamela en representación do CFR.

Durante esta sesión cada unha de nós falou da aplicación empregada co seu alumnado, explicando os aspectos positivos e negativos ou dificultades que atopamos no momento de poñelas en práctica. Tamén aproveitamos para resolver algunhas dúbidas que xurdiron na posta en práctica.

Unha vez finalizada esta parte, Susana falounos dunha nova aplicación (TELLAGAMI) coa que estivemos enredando durante un anaco. Esta aplicación danos a opción de caracterizar a unha persoa e o entorno onde está e facer grabacións dando como resultado final unha pequena animación onde se explica algo. 
Para rematar a sesión, dividímonos en dous grupo e creamos dúas animacións onde cada unha de nós explicaba un aspecto a mellorar para a utilización das aplicacións.


Esta é unha das dúas animacións que creamos con TELLAGAMI como condensación do que cremos que podemos mellorar.

                                       
E este é o segundo Tellagami que fixemos nesa sesión:


É unha mágoa que esta app só está disponible para IPAD


Teremos que buscar algo parecido para as que temos tablets Android.

Practicamos na aula coa tablet: AUTORAP

Neste mes de xaneiro tivemos á nosa disposición unha IPAD para levala as nosas aulas e probar algunhas das aplicacións que vimos na sesión do 15 de decembro. Cada unha tratou de poñer en práctica aquela máis nos convenceu ou nos gustou. Case todas fixemos unha das prácticas co Autorap. A APP empregada é SMULE AUTO RAP. Picade sobre a imaxe e accededes á páxina de descarga da aplicación para Android.


Tamén podemos acceder á páxina web da aplicación para xestionar as nosas creacións



Eu, Isabel, usei o Autorap para que o meu alumnado fixera un Rap dos seus animais favoritos, como un pequeno achegamento inicial aos contidos que imos traballar neste trimestre. E este foi o resultado





Eu son Leo, e usei o Autorap en dúas ocasións, na primeira para presentarlle a APP ó meu alumnado , co que practicamos un pouco e fixeron un rap cos seus nomes e na segunda, xa que estabamos traballando a táboa do 2, encantoulles, que xa me están dicindo que a ver cando facemos o rap da táboa do 3, e xa lles dixen, que cando a aprendamos...





Eu son Azucena, e usei dúas veces o AUTORAP. Dentro da unidade didáctica dos alimentos como actividade inicial e para presentarlles a aplicación cada un dos nenos e nenas dixo cal era o seu alimento favorito. O outro AUTORAP fíxeno como actividade de avaliación para un dos apartados da unidade didáctica, que era a procedencia dos alimentos (orixe animal e vexetal). Cada un/unha dixo un alimento e a súa procedencia e eu dicíalle si ou non. Déixovos o resultado do segundo.





Eu son Miriam e usei o AUTORAP co alumnado de 2A e 2B ( este último e a miña titoría ). Como estabamos traballando en lengua a regra GA,GUE,GUI,GO,GU,GÜE,GÜI aproveitei para que cada neno pensara unha palabra que levara esta sílaba, para que non se repetiran demasiado cada un elexiu unha, primeiro escribímolas na pizarra e finalmente fixemos o AUTORAP. A eles gustoulles moitísimo pero tivemos que repetir a actividades varias veces porque se poñían moi moi nerviosos e o chegar o seu turno quedábanse bloqueados e non se acordaban da palabra. Foi super divertido e moi útil porque eles se esforzaron un montón para pensar palabras novas e non repetir ningunha. Aquí vos deixo o resultado final.









Eu son Loli. A miña práctica co AUTORAP foi en 1º de primaria e  realizouse en dúas sesións, Dividín a clase en dúas  metades. A primeira metade recitou unha poesia memorizada con anterioridade que se titula "VUELA LA COMETA".  A outra metade decía os seus nomes.
Aos nenos/as  estaban moi motivados e memorizaron a poesía con moita rapidez. Gustoulles moito ver o resultado final.






Eu son Pura. Traballo nunha escola unitaria con alumnado dende infantil ata cuarto de primaria. Xuntos decidimos practicar unha táboa de multiplicar, dado que memorizala sempre resulta un pouco aburrido. Participaron todos e o produto final encantounos.

PRACTICAMOS COA TABLET: THINGLINK

Nesta ocasión a APP empregada é THINGLINK. Picando sobre a imaxe accedes a Playstore onde atoparedes a aplicación para Android




Tamén podemos acceder á web da aplicación para crear as imaxes interactivas co ordenador usando unha cámara web. 


Eu, Isabel empreguei esta APP para traballar os sentimentos. Saqueille unha foto ao meu alumnado, e cada un tiña que mostrar un sentimento. Logo cada un deles  tiña que poñer unha marca encima de si mesmo e escribir alí o sentimento que estaba representando. No seguinte enlace podedes ver o resultado desta actividade

THINGLINK dos sentimentos da clase de Isabel


Eu son Leo, a verdade é que o thinglink na miña clase deu moito xogo, expliqueilles un pouco qué era, e pregunteilles para qué crían que a podíamos utilizar. Como foi á volta das vacacións de Nadal e viñan superanimad@s , quitamos unha foto ( faltáronnos dúas persoas) e logo cada un/unha escribiu o seu nome e algo que lles gustase,  NON  lles puxen ningunha condición, todo valía: físico, material ou sentimental.. cada quen puxo o que quixo e  o resultado foi moi divertido. Ademais de tratar a tablet con moito coidadiño, logo querían ver todo o que puxeran os demais compañeiros/as. Queredes ver como quedou? Pois premede en  O QUE NOS GUSTA.


Son AZUCENA e o thinglink expliqueillo moi por enriba e para poñer en práctica o que lles contei sobre el, fixemos unha foto colectiva e despois cada un enriba da súa imaxe puxo o seu LIBRO FAVORITO. Aquí vos quedan  OS NOSOS LIBROS FAVORITOS


Son MIRIAM e o thinglink traballeino cos meus alumnos durante unha sesión, expliqueilles o funcionamento da APP despois sacamos unha foto onde terían que expresar un sentimento de disgusto ante unha comida que lles desagradaba, finalmente eles escribían cal era esa comida. Resultoulles moi divertido e etaban moi ilusionados por traballar coa Tablet, ver a foto coas caras dos compañeiros expresando ese sentimento de disgusto e ver o que escribiran.
Aquí están as comidas que menos gustan


Na clase de Pura, EN PUNXÍN, aproveitando a imaxe da disección dunha galiña, utilizamos o thinglink para repasar as partes principais do seu interior.



Na clase de 1º de LOLI empregamos o thinglink para practicar e situar os ósos do corpo. Unha vez postos os nomes entre todos na imaxe correspondente, subímolo ao blog de aula e foi moi visitado polos alumnos.


viernes, 23 de enero de 2015

Xuntanza 15 de decembro

No C.E.I.P de Punxín e coa participación da asesora do proxecto, continuamos a nosa andadura como equipo, dando forma ó noso grupo de traballo,  na que tratamos os seguintes puntos:


Punto 1. Revisión do proxecto.
Facemos unha visión xeral do proxecto presentado e marcando as liñas fundamentais do  traballo: deseño dunha tarefa integrada coa súa correspondente programación,  incluídas as rúbricas, posta en práctica na aula, posta en común, reflexión  de esa práctica e  avaliación.
Ao mesmo tempo profundizaremos no funcionamento da tablet. Nesta  sesión coñeceremos 5 aplicacións de dispositivos móviles que se pode traballar dende a tablet, dende o móbil e dende o ordenador.

Punto 2.  Blog do grupo: 
 A dirección é;: tarefasticgruposete.blogspot.com.es.
Neste blog estamos autorizadas as sete para visión general e crear entradas. Acccedemos cada unha coa nosa conta de correo. Outras funcións require un administrador que sería Leo.
Para acceder facémolo a través de blogger. Abrimos blogger coa nosa conta de correo. Saen todos os blogs que temos e eleximos o correspondente.

Punto 3.
Respondemos ás preguntas: quen somos e que queremos. A administradora abre páxina nova na que todos respondemos ás preguntas xerando a nosa entrada e publicando as nosas respostas.

Punto 4: Breves notas.
Como descargar.
Desde o icono app.store pulsamos e ao abrir escribimos o nome en buscar. Por exemplo buscar Bidi-obtener-instalar. Introducimos a contraseña e ok. Ao rematar a descarga dar a abrir e xa aparece na pantalla. Bidi é un lector de resposta rápida que te leva ao enderezo web do sitio.

Muros colaborativos.
es.padlet.com. Permite crear un muro onde podemos escribir entre todas.

Punto 5. Aplicacións traballadas:

Word_mosaic:aplicación para crear nubes de palabras. Fíxose a práctica editando palabras para expresar sentimentos. Vemos a utilidade didáctica para todo aquelo que requira recollida de listaxe de palabras: nome dos nenos/as, palabras interesantes, difíciles... As palabras saen en formatos predefinidos.

Notegraphy: aplicación que permite tamén listar palabras vinculadas a unha imaxe. Por exemplo: crear regras ortográficas.

Thinglink: permite crear unha árbore xenealóxica partindo dunha imaxe. Moi útil tamén para mapas conceptuais.

 Docery: graba escritura e voz á vez. Permite crear un video de forma gratuita. Por exemplo de explicacións de clases, resolución de problemas...e subir ese video a YouTube.
Autorab: permite compoñer un rap con palabras ou frases escollidas, por exemplo recomendar títulos de libros, nomes do alumnado...

Enlaces de descarga das aplicacións

Nas vindeiras xuntanzas deberemos deseñar unha tarefa integrada na que empregaremos todas estas ferramentas nun contexto didáctico.


jueves, 22 de enero de 2015

Coñecemos un muro interactivo: Padlet

Na páxina QUE QUEREMOS, 
publicamos un muro creado en

                                                      pica sobre a imaxe e accederás á páxina

unha ferramenta descoñecida para nós, pero que nos pareceu moi interesante. Neste pequeno titorial que poñemos aquí, podemos ver os seus usos e información básica para comezar.


Ensaio


Esta sesión chámase ENSAIO porque é onde imos facer 
as nosas primeiras probas coas aplicacións na aula.

Os mestres e mestras, coas decisións oportunas tomadas previamente 
poñedes en práctica unha actividade deseñada utilizando 
unha das aplicacións seleccionadas na sesión CAMERINO 

Para elo tedes todo o mes de xaneiro durante o cal vos organizades
o calendario de uso do dispositivo e outras necesidades que xurdan.

Aquí tedes o documento Autoinforme 1 cubrir individualmente e entregar
á coordinadora antes da próxima sesión.

Preme no enlace e vai á pestana archivo, 
dende alí accede a "Descargar como" e escolle o formato que desexes.