domingo, 1 de marzo de 2015

XUNTANZA DO 9 DE FEBREIRO

Imaxe feita con Bamboo Paper.

 O pasado 9 de Febreiro reunímonos todas as compañeiras que formamos o grupo de traballo, a xuntanza esta vez foi no CEIP de Punxín. 

  Fixemos unha posta en común sobre o traballo realizado a modo persoal: os contidos, criterios e estándares de aprendizaxe que marcamos para cada unha na materia/ etapa que nos asignáramos na anterior xuntanza ca finalidade de empezar a traballar o tema do UNIVERSO.

 A decisión final que tomamos entre todas foi a de facer un PROXECTO con este tema, algo que nos inqueda porque a maioría de nos descoñecemos bastante o mundo de traballar por proxectos.

 Logo de intercambiar as nosas impresións, surxíronnos moitas mais dúbidas polo que decidimos deixar o traballo feito como estaba ata ese momnto e ilo modificando sobre a marcha. Arrancamos así a nosa andaina co proxecto "O UNIVERSO" que decidimos sería a través do conto: "A que sabe a lúa" o cal podemos acompañar co visionado dalgún vídeo.

 A partir de aí miraremos cara onde enfocamos o noso traballo. Guiaremos ó alumnado pero tamén deixaremos que sexan eles os que nos vaian amosando as súas inquedanzas, o que realmente lles interesa saber, o que descoñecen... Para isto partiremos de preguntas como... que sabes da lúa?,onde está?,que vos gustaría saber dela?

 E con estas ideas puxemos fin a esta xuntanza, ilusionadas por ver os resultados ao levar as propostas ó noso  alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario