martes, 17 de marzo de 2015

TAREFA: FACEMOS O NOSO LIBRO : Actividade 1: QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER (TODAS)

EXERCICIO 1: Cómo medio de estímulo inicial para a tarefa do Universo eleximos o conto "A que sabe a Lúa"

Esta é unha das opcións de presentarlles o conto sen ter que lelo nós. E poderiase aproveitar para traballar de paso a comprensión lectora. 




EXERCICIO 2: Que sabemos do Universo?

EXERCICIO 3: Que queremos saber?

Ao rematar o exercicio 3 teremos un listado de preguntas  que serán a base para o desenvolvemento das demais actividades. 

lunes, 16 de marzo de 2015

Sesión do 16 de marzo. Compartindo inquedanzas con Ana e Susana.

Hoxe reunímonos na escoliña de Punxín.

Contamos coa presenza de Susana Lamela e Ana Mariño que nos escoitaron e asesoraron sobre o noso mar de dúbidas. ( Moitas grazas ás dúas por vir e pola vosa paciencia )

Coma sempre sucede nas nosas reunións, habia algo doce e rico para degustar, grazas a Loli que hoxe nos trouxo un biscoitiño ben xeitoso!! 

Sobre o traballo desenvolvido hoxe, pois somos conscientes de que somos moi distintas á hora de traballar, e desenvolver as nosas actividades, utilizando o  guión que nos deron Ana e  Susana fixemos  unha posta en común do camiño percorrido ata chegar a decisión de cal ia ser a nosa abordaxe á temática  do Universo que imos desenvolver todas. E simplificar ó máximo o proceso.

7 enriquecedores distintos puntos de vista, e 7 xeitos diferentes de enfocar a mesma TAREFA: a elaboración dun libro de preguntas e respostas sobre o Universo.

A través de 4 ACTIVIDADES e os seus correspondentes EXERCICIOS para concretizar a nosa tarefa.

Estamos plenamente convencidas de que aínda que partimos da mesma TAREFA e temos claras as ACTIVIDADES ( cos seus correspondentes exercicios)os resultados que van  saír van ser tan diversos e orixinais coma o noso alumnado.

Resolvemos parte das nosas dúbidas, aínda que cada pasiño que avanzamos, parece que surxen máis, pero sobre todo traballamos , compartimos e aprendemos unhas das outras, dende a admiración e o respecto e  tentando facer da nosa práctica educativa e das nosas aulas un lugar idóneo para facilitar a aprendizaxe do noso alumnado.

Por outra banda por suxerencia de Ana e Susana imos a crear unha “etiqueta” (ou tag) no blogue para recoller as cousiñas que imos traballando sobre ista temática, ademais da elaboración do libro asique a partir de agora, algunhas das cousiñas que facemos nas nosas aulas deixaranse caer por acó. Porque está ben compartir co mundo...

Deixovos ista pequena reflexión, (da que realmente non sei quen é o seu autor ou autora ) pero que hoxe reflicte perfectamente como me sinto, e penso que podería dicir, sen medo a equivocarme: como nos sentimos as rebuldeiras no día de hoxe:




   

martes, 3 de marzo de 2015

NOVA XUNTANZA: AS TAREFAS

Onte tivemos unha nova xuntanza en Punxin. Colexio ao que lle imos collendo cada vez máis apego ;-). Nesta ocasión acompañáronos Ana e Susana para axudarnos a entender a diferenza entre exercicio, actividade e tarefa. Isto non é nada sinxelo, e certamente custounos establecer esa diferenza.

Primeiro fixo Susana unha presentación en prezi na que nos explicou, de xeito moi visual e sinxelo, como se debe programar tendo en conta a nova lei e o novo currículo de primaria. O camiño que temos que comezar é o de deseñar tarefas para o noso alumnado.

Queda aquí o Prezi que nos presentou:




Vendo este prezi e coa explicación, conseguimos entender o que é unha tarefa.

TAREFA = PRODUCTO FINAL CREATIVO, ELABORADO POLO NOSO ALUMNADO E QUE TEÑA UNHA REPERCUSIÓN SOCIAL. 

Unha vez que entendemos iso, seguimos. Debatimos tamén sobre a avaliación e vimos que temos que establecer distintas ferramentas para avaliar e asignalas aos estándares de aprendizaxe. Isto implica, que un estándar pode ser avaliado por observación, outro a través dunha rúbrica e outros a través de fichas de control, autaavaliación ou coavaliación. Hai moitas ferramentas é o noso traballo consistirá en elexir a máis axeitada para cada estándar.

Agora tocaba pensar nunha tarefa que iamos establecer para a nosa programación relacionada coa temática do Universo. O primeiro que fixemos foi unha choiva de ideas na que cada unha aportaba a súa proposta de tarefa. Logo de facer unha votación saiu:

TAREFA UNIVERSO = UN LIBRO

Se pensamos que con iso xa tiñamos moito adiantado, estabamos equivocadas. Porque unha vez que  expresamos en alto a nosa idea de libro, démonos conta de que cada unha de nós pensara nun libro diferente, tanto en contido como en modelo e acabado.

Vendo isto chegouse á conclusión de que por parellas, iamos plasmar no esquema de deseño de tarefa a nosa idea de libro. Isto levará a que teñamos 4 modelos diferentes.

Logo, nunha seguinte sesión poremos as nosas ideas en común e trataremos de chegar a un modelo único que vaiamos facer nas nosas aulas.

E tamén vos deixamos iste  interesante e orixinal vídeo titorial elaborado por Ana, sobre o deseño de tarefas:

                        

SEGUIREMOS AVANZANDO E INFORMANDO!!!

lunes, 2 de marzo de 2015

Nova APP: BAMBOO PAPER

Hoxe queremos presentar outra APP moi útil. Descubrimos

BAMBOO PAPER

Con esta aplicación temos na nosa tablet e incluso no noso móvil un caderno no que podemos escribir, co que podemos crear debuxos, titoriais e moitísimo máis. 

Aquí deixamos un videotutorial 


Video aloxado en YouTube por jobumaru

Para descargar a APP picade no dispositivo que tedes.

ANDROID

IPAD

domingo, 1 de marzo de 2015

Deseño de TAREFAS


Esta sesión leva por título GUIÓN 
porque dentro do proxecto de formación 
será o momento no que empecemos a traballar co texto, 
co currículo, coas competencias, cos estándares...


ESQUEMA DA SESIÓN



PLANTILLA PARA FACER O PRIMEIRO BOCETO  DA TAREFA


PLANTILLA PARA DESEÑAR A TAREFA COMPLETA

Por último, preséntase a plantilla para a deseño da vosa tarefa, 
que será posta en práctica na aula no mes de MAIO.

Temos de prazo ata o día 19 de marzo para realizar o deseño da tarefa.


Para descargar as plantillas premedes en cada imaxe 
e despois dende Archivo escolledes o formato de descarga que prefirades.



XUNTANZA DO 9 DE FEBREIRO

Imaxe feita con Bamboo Paper.

 O pasado 9 de Febreiro reunímonos todas as compañeiras que formamos o grupo de traballo, a xuntanza esta vez foi no CEIP de Punxín. 

  Fixemos unha posta en común sobre o traballo realizado a modo persoal: os contidos, criterios e estándares de aprendizaxe que marcamos para cada unha na materia/ etapa que nos asignáramos na anterior xuntanza ca finalidade de empezar a traballar o tema do UNIVERSO.

 A decisión final que tomamos entre todas foi a de facer un PROXECTO con este tema, algo que nos inqueda porque a maioría de nos descoñecemos bastante o mundo de traballar por proxectos.

 Logo de intercambiar as nosas impresións, surxíronnos moitas mais dúbidas polo que decidimos deixar o traballo feito como estaba ata ese momnto e ilo modificando sobre a marcha. Arrancamos así a nosa andaina co proxecto "O UNIVERSO" que decidimos sería a través do conto: "A que sabe a lúa" o cal podemos acompañar co visionado dalgún vídeo.

 A partir de aí miraremos cara onde enfocamos o noso traballo. Guiaremos ó alumnado pero tamén deixaremos que sexan eles os que nos vaian amosando as súas inquedanzas, o que realmente lles interesa saber, o que descoñecen... Para isto partiremos de preguntas como... que sabes da lúa?,onde está?,que vos gustaría saber dela?

 E con estas ideas puxemos fin a esta xuntanza, ilusionadas por ver os resultados ao levar as propostas ó noso  alumnado.