lunes, 16 de marzo de 2015

Sesión do 16 de marzo. Compartindo inquedanzas con Ana e Susana.

Hoxe reunímonos na escoliña de Punxín.

Contamos coa presenza de Susana Lamela e Ana Mariño que nos escoitaron e asesoraron sobre o noso mar de dúbidas. ( Moitas grazas ás dúas por vir e pola vosa paciencia )

Coma sempre sucede nas nosas reunións, habia algo doce e rico para degustar, grazas a Loli que hoxe nos trouxo un biscoitiño ben xeitoso!! 

Sobre o traballo desenvolvido hoxe, pois somos conscientes de que somos moi distintas á hora de traballar, e desenvolver as nosas actividades, utilizando o  guión que nos deron Ana e  Susana fixemos  unha posta en común do camiño percorrido ata chegar a decisión de cal ia ser a nosa abordaxe á temática  do Universo que imos desenvolver todas. E simplificar ó máximo o proceso.

7 enriquecedores distintos puntos de vista, e 7 xeitos diferentes de enfocar a mesma TAREFA: a elaboración dun libro de preguntas e respostas sobre o Universo.

A través de 4 ACTIVIDADES e os seus correspondentes EXERCICIOS para concretizar a nosa tarefa.

Estamos plenamente convencidas de que aínda que partimos da mesma TAREFA e temos claras as ACTIVIDADES ( cos seus correspondentes exercicios)os resultados que van  saír van ser tan diversos e orixinais coma o noso alumnado.

Resolvemos parte das nosas dúbidas, aínda que cada pasiño que avanzamos, parece que surxen máis, pero sobre todo traballamos , compartimos e aprendemos unhas das outras, dende a admiración e o respecto e  tentando facer da nosa práctica educativa e das nosas aulas un lugar idóneo para facilitar a aprendizaxe do noso alumnado.

Por outra banda por suxerencia de Ana e Susana imos a crear unha “etiqueta” (ou tag) no blogue para recoller as cousiñas que imos traballando sobre ista temática, ademais da elaboración do libro asique a partir de agora, algunhas das cousiñas que facemos nas nosas aulas deixaranse caer por acó. Porque está ben compartir co mundo...

Deixovos ista pequena reflexión, (da que realmente non sei quen é o seu autor ou autora ) pero que hoxe reflicte perfectamente como me sinto, e penso que podería dicir, sen medo a equivocarme: como nos sentimos as rebuldeiras no día de hoxe:




   

No hay comentarios:

Publicar un comentario