jueves, 19 de febrero de 2015

Usamos Google Drive para desenvolver a nosa proposta de traballo.


Na sesión do pasado 5 de febreiro decidimos crear entre todas unha "tarefa"/ conxunto de actividades sobre un núcleo vertebrador que incorporase todas as materias, dun xeito específico e transversal.
A temática elexida foi o UNIVERSO.

Para facer operativo o noso traballo decidimos traballar con Google Drive, creando dous documentos un para 1º e outro para 2º de primaria e así poder participar todas .


Acó vos queda un titorial de Google Drive




E tamén un vídeo explicativo que non está nada mal:

miércoles, 18 de febrero de 2015

PRÁCTICAMOS COA TABLET: WORD MOSAIC

Outra app coa que experimentamos foi

VISUAL POETRY-WORD COLLAGE



coa que podemos facer distintos mosaicos de palabras. Está dispoñible en iTunes por cerca de 2.50€ para o uso en IPads.

Son Miriam e empreguei esta aplicación con un grupiño de alumnos da miña titoría. Aproveitando que estabamos a traballar a PAZ pois mandeinos que pensaran palabras relacionadas con ese termo e cas escribiran nun papel. A idea non lles pareceu demasiado atractiva pero cambioulles a cara cando lles din a tablet e díxenlles que cada un escribira a súa palabra. Finalmente, cando viron o resultado final estaban estusiasmados, querían repetir. Resultou moi divertida esta APP para os nenos o NEGATIVO que lle vexo que con unha soa tablet e tantos nenos non fai posible que todos traballen, habería que facer distintos turnos.
Aquí está o resultado do noso traballo.




Son Rocío, e o meu alumnado de 6º de EP xa estaba familiarizado con este tipo de traballos realizados en papel; sen embargo, o feito de traballar coa tablet aportou non só coñecementos sobre o tema que estabamos vendo na clase (o verbo), senón que tamén mellorou o noso traballo en equipo e en parellas, a nosa capacidade de resumir e de poñerse de acordo para que o produto final fose do agrado de todos e todas.
O noso traballo consistíu en seleccionar diferentes apartados deste tema tan amplo e dividilo en diferentes partes para plasmalo en diferentes caligramas. Encantoulles o feito de poder cambiar as formas, cores e disposicións das palabras, así como tamén que se encargaron eles de todo o proceso, é dicir, dende que abriron a aplicación ata que gardaron os cambios e resultados finais.
Aquí está o traballo feito:


              

           

                       



miércoles, 11 de febrero de 2015

Xuntanza 5 de febreiro

 
O pasado xoves 5 de febreiro reunímonos as integrantes do grupo de traballo para por fin ter unha sesión nós soas, sen directrices, para falar coordinarnos e poñernos un pouco en camiño       

Fixemos unha posta en común sobre as nosas dúbidas e sobre as nosas espectativas con respecto ó noso grupo de traballo.

As palabras que máis surxiron ó longo da nosa reunión son as que conforman a estrela que coroa esta entrada ó blogue.
As nosas dúbidas, inquedanzas , compartimos tamén a nosa organización das programacións especialmente no primeiro ciclo expoñendo como as elaboramos, a temporalización.. os bloques de contidos..
 Son as nosas programacións operativas? Como elaborar as rúbricas? Estámolo facendo correctamente? 
Falamos tamén da distribución dos contidos e dos cadros signifcativos, adaptando os contidos á propia realidade do noso alumnado.

E propuxémonos unha tarefa: elexir un tema por votación ( as opcións eran : paso/liña do tempo, vivir en sociedade, as eleccións o mundo que nos rodea: o universo), neste caso foi o UNIVERSO:O mundo que nos rodea. Bloque 2 de ciencias socias 

 Partindo de aí tentando asociar en todas as materias os contidos a traballar sobre iste tema.
1. Ler o currículo que encaixa no universo? calendario.. tempo, meses, días, o mundo que nos rodea
2- Ver que criterio lle corresponde e os estándares. Contido/criterio/standar..
Secuenciamos en 1º e 2º de primaria e repartimos a tarefa por materias en dous pequenos grupos. Co compromiso de ler e seleccionar en todas as materias os contidos relacionados. E así crear partindo dunha temática común unha serie de actividades , recursos , avaliación das mesmas.. etc...

COMPETENCIAS/ACTIVIDADES/RÚBRICAS/RECURSOS.

Unha vez recompilado e feita unha posta en común a nosa idea é buscar/crear recursos coas tablets para reforzar a temática do Universo.

Estamos fornando a idea, a ver que sae daí...


lunes, 2 de febrero de 2015

XUNTANZA 2 DE FEBREIRO

  

O luns 2 de febreiro xuntámonos no C..E.I.P Santiago de Oliveira para contar como nos fora coas nosas experiencias coas tablets e as aplicacións que nos ensinara Ana na sesión anterior. Contamos coa presenza de Susana Lamela en representación do CFR.

Durante esta sesión cada unha de nós falou da aplicación empregada co seu alumnado, explicando os aspectos positivos e negativos ou dificultades que atopamos no momento de poñelas en práctica. Tamén aproveitamos para resolver algunhas dúbidas que xurdiron na posta en práctica.

Unha vez finalizada esta parte, Susana falounos dunha nova aplicación (TELLAGAMI) coa que estivemos enredando durante un anaco. Esta aplicación danos a opción de caracterizar a unha persoa e o entorno onde está e facer grabacións dando como resultado final unha pequena animación onde se explica algo. 
Para rematar a sesión, dividímonos en dous grupo e creamos dúas animacións onde cada unha de nós explicaba un aspecto a mellorar para a utilización das aplicacións.


Esta é unha das dúas animacións que creamos con TELLAGAMI como condensación do que cremos que podemos mellorar.

                                       
E este é o segundo Tellagami que fixemos nesa sesión:


É unha mágoa que esta app só está disponible para IPAD


Teremos que buscar algo parecido para as que temos tablets Android.

Practicamos na aula coa tablet: AUTORAP

Neste mes de xaneiro tivemos á nosa disposición unha IPAD para levala as nosas aulas e probar algunhas das aplicacións que vimos na sesión do 15 de decembro. Cada unha tratou de poñer en práctica aquela máis nos convenceu ou nos gustou. Case todas fixemos unha das prácticas co Autorap. A APP empregada é SMULE AUTO RAP. Picade sobre a imaxe e accededes á páxina de descarga da aplicación para Android.


Tamén podemos acceder á páxina web da aplicación para xestionar as nosas creacións



Eu, Isabel, usei o Autorap para que o meu alumnado fixera un Rap dos seus animais favoritos, como un pequeno achegamento inicial aos contidos que imos traballar neste trimestre. E este foi o resultado





Eu son Leo, e usei o Autorap en dúas ocasións, na primeira para presentarlle a APP ó meu alumnado , co que practicamos un pouco e fixeron un rap cos seus nomes e na segunda, xa que estabamos traballando a táboa do 2, encantoulles, que xa me están dicindo que a ver cando facemos o rap da táboa do 3, e xa lles dixen, que cando a aprendamos...





Eu son Azucena, e usei dúas veces o AUTORAP. Dentro da unidade didáctica dos alimentos como actividade inicial e para presentarlles a aplicación cada un dos nenos e nenas dixo cal era o seu alimento favorito. O outro AUTORAP fíxeno como actividade de avaliación para un dos apartados da unidade didáctica, que era a procedencia dos alimentos (orixe animal e vexetal). Cada un/unha dixo un alimento e a súa procedencia e eu dicíalle si ou non. Déixovos o resultado do segundo.





Eu son Miriam e usei o AUTORAP co alumnado de 2A e 2B ( este último e a miña titoría ). Como estabamos traballando en lengua a regra GA,GUE,GUI,GO,GU,GÜE,GÜI aproveitei para que cada neno pensara unha palabra que levara esta sílaba, para que non se repetiran demasiado cada un elexiu unha, primeiro escribímolas na pizarra e finalmente fixemos o AUTORAP. A eles gustoulles moitísimo pero tivemos que repetir a actividades varias veces porque se poñían moi moi nerviosos e o chegar o seu turno quedábanse bloqueados e non se acordaban da palabra. Foi super divertido e moi útil porque eles se esforzaron un montón para pensar palabras novas e non repetir ningunha. Aquí vos deixo o resultado final.









Eu son Loli. A miña práctica co AUTORAP foi en 1º de primaria e  realizouse en dúas sesións, Dividín a clase en dúas  metades. A primeira metade recitou unha poesia memorizada con anterioridade que se titula "VUELA LA COMETA".  A outra metade decía os seus nomes.
Aos nenos/as  estaban moi motivados e memorizaron a poesía con moita rapidez. Gustoulles moito ver o resultado final.






Eu son Pura. Traballo nunha escola unitaria con alumnado dende infantil ata cuarto de primaria. Xuntos decidimos practicar unha táboa de multiplicar, dado que memorizala sempre resulta un pouco aburrido. Participaron todos e o produto final encantounos.

PRACTICAMOS COA TABLET: THINGLINK

Nesta ocasión a APP empregada é THINGLINK. Picando sobre a imaxe accedes a Playstore onde atoparedes a aplicación para Android




Tamén podemos acceder á web da aplicación para crear as imaxes interactivas co ordenador usando unha cámara web. 


Eu, Isabel empreguei esta APP para traballar os sentimentos. Saqueille unha foto ao meu alumnado, e cada un tiña que mostrar un sentimento. Logo cada un deles  tiña que poñer unha marca encima de si mesmo e escribir alí o sentimento que estaba representando. No seguinte enlace podedes ver o resultado desta actividade

THINGLINK dos sentimentos da clase de Isabel


Eu son Leo, a verdade é que o thinglink na miña clase deu moito xogo, expliqueilles un pouco qué era, e pregunteilles para qué crían que a podíamos utilizar. Como foi á volta das vacacións de Nadal e viñan superanimad@s , quitamos unha foto ( faltáronnos dúas persoas) e logo cada un/unha escribiu o seu nome e algo que lles gustase,  NON  lles puxen ningunha condición, todo valía: físico, material ou sentimental.. cada quen puxo o que quixo e  o resultado foi moi divertido. Ademais de tratar a tablet con moito coidadiño, logo querían ver todo o que puxeran os demais compañeiros/as. Queredes ver como quedou? Pois premede en  O QUE NOS GUSTA.


Son AZUCENA e o thinglink expliqueillo moi por enriba e para poñer en práctica o que lles contei sobre el, fixemos unha foto colectiva e despois cada un enriba da súa imaxe puxo o seu LIBRO FAVORITO. Aquí vos quedan  OS NOSOS LIBROS FAVORITOS


Son MIRIAM e o thinglink traballeino cos meus alumnos durante unha sesión, expliqueilles o funcionamento da APP despois sacamos unha foto onde terían que expresar un sentimento de disgusto ante unha comida que lles desagradaba, finalmente eles escribían cal era esa comida. Resultoulles moi divertido e etaban moi ilusionados por traballar coa Tablet, ver a foto coas caras dos compañeiros expresando ese sentimento de disgusto e ver o que escribiran.
Aquí están as comidas que menos gustan


Na clase de Pura, EN PUNXÍN, aproveitando a imaxe da disección dunha galiña, utilizamos o thinglink para repasar as partes principais do seu interior.



Na clase de 1º de LOLI empregamos o thinglink para practicar e situar os ósos do corpo. Unha vez postos os nomes entre todos na imaxe correspondente, subímolo ao blog de aula e foi moi visitado polos alumnos.