martes, 16 de diciembre de 2014

Bambalinas


Despois de coñecer algunhas aplicacións, probar o funcionamento, mostrar resultados e falar sobre o que podemos facer con elas na aula toca o turno de pensar cada quen qué pode facer.

Achegarémosvos dous documentos.

DESEÑO DE ACTIVIDADES CON APLICACIÓNS
Un deles será para planificar a actividade antes de realizala na aula.

AUTOINFORME 01
O outro será para tomar nota das reflexións despois de levar a cabo a proposta.

Despois realizaredes unha posta en común do acontecido.
Ánimo compañeiras!


Engado aquí o documento DESEÑO DE ACTIVIDADES
Para axudarvos no deseño da actividade, deixámosvos este documento, que debedes de copiar e traballar sobre él para o deseño da mesma.



Para facervos cunha copia podedes premer en Archivo, "crear unha copia" ou "descargar como" no formato que prefirades.

lunes, 15 de diciembre de 2014

Camerino



Temos unhas aplicacións escollidas para vós.
Traballaremos en grupos e realizaremos 5 actividades.
Mostraremos os resultados ao resto de compañeiras e comentaremos cómo o fixemos.
Escribiremos un artigo por actividade incluindo a creación e outras ideas de uso da aplicación.

Esquema de aplicacións e actividades:





Enlaces de descarga:


Reparto


Incluiremos nunha páxina a presentación e os obxectivos de grupo que saíron das aportacións individuais do muro compartido.

Preme ou le cun lector BIDI e participa:



Para crear unha nova páxina podedes seguir os pasos no seguinte minititorial:



sábado, 13 de diciembre de 2014

ESCENARIO




Aquí comezou a nosa singladura neste grupo de traballo. Esta primeira sesión consistíu nunha xuntanza en Vigo de todas as persoas que formamos parte dun Grupo de Traballo ou Seminario na provincia de Pontevedra relacionados cos dispositivos móbiles e as súas aplicacións. Nesta sesión participaron tamén todos os asesores/as, ademais de Manel Rives  e Susana Lamela, que nos contaron as súas primeiras experiencias con diferentes aplicacións e dispositivos móbiles.


Nesta primeira toma de contacto fíxose o visionado das presentacións de case tódolos grupos que estabamos alí, dicindo quenes eramos e por que estabamos alí. Decatámonos de que os obxectivos eran moi similares: ampliar o noso coñecemento sobre diferentes aplicacións e facer un maior uso delas nas aulas, co alumnado, para promover e facilitar as aprendizaxes .


A verdade é que no noso grupo foi moi enriquecedora esta sesión e servíu como eixo motivador para empezar a traballar axiña.









O PROXECTO






Plantexamos o plan de traballo da seguinte maneira: