sábado, 13 de diciembre de 2014

ESCENARIO




Aquí comezou a nosa singladura neste grupo de traballo. Esta primeira sesión consistíu nunha xuntanza en Vigo de todas as persoas que formamos parte dun Grupo de Traballo ou Seminario na provincia de Pontevedra relacionados cos dispositivos móbiles e as súas aplicacións. Nesta sesión participaron tamén todos os asesores/as, ademais de Manel Rives  e Susana Lamela, que nos contaron as súas primeiras experiencias con diferentes aplicacións e dispositivos móbiles.


Nesta primeira toma de contacto fíxose o visionado das presentacións de case tódolos grupos que estabamos alí, dicindo quenes eramos e por que estabamos alí. Decatámonos de que os obxectivos eran moi similares: ampliar o noso coñecemento sobre diferentes aplicacións e facer un maior uso delas nas aulas, co alumnado, para promover e facilitar as aprendizaxes .


A verdade é que no noso grupo foi moi enriquecedora esta sesión e servíu como eixo motivador para empezar a traballar axiña.









1 comentario: