lunes, 2 de febrero de 2015

PRACTICAMOS COA TABLET: THINGLINK

Nesta ocasión a APP empregada é THINGLINK. Picando sobre a imaxe accedes a Playstore onde atoparedes a aplicación para Android




Tamén podemos acceder á web da aplicación para crear as imaxes interactivas co ordenador usando unha cámara web. 


Eu, Isabel empreguei esta APP para traballar os sentimentos. Saqueille unha foto ao meu alumnado, e cada un tiña que mostrar un sentimento. Logo cada un deles  tiña que poñer unha marca encima de si mesmo e escribir alí o sentimento que estaba representando. No seguinte enlace podedes ver o resultado desta actividade

THINGLINK dos sentimentos da clase de Isabel


Eu son Leo, a verdade é que o thinglink na miña clase deu moito xogo, expliqueilles un pouco qué era, e pregunteilles para qué crían que a podíamos utilizar. Como foi á volta das vacacións de Nadal e viñan superanimad@s , quitamos unha foto ( faltáronnos dúas persoas) e logo cada un/unha escribiu o seu nome e algo que lles gustase,  NON  lles puxen ningunha condición, todo valía: físico, material ou sentimental.. cada quen puxo o que quixo e  o resultado foi moi divertido. Ademais de tratar a tablet con moito coidadiño, logo querían ver todo o que puxeran os demais compañeiros/as. Queredes ver como quedou? Pois premede en  O QUE NOS GUSTA.


Son AZUCENA e o thinglink expliqueillo moi por enriba e para poñer en práctica o que lles contei sobre el, fixemos unha foto colectiva e despois cada un enriba da súa imaxe puxo o seu LIBRO FAVORITO. Aquí vos quedan  OS NOSOS LIBROS FAVORITOS


Son MIRIAM e o thinglink traballeino cos meus alumnos durante unha sesión, expliqueilles o funcionamento da APP despois sacamos unha foto onde terían que expresar un sentimento de disgusto ante unha comida que lles desagradaba, finalmente eles escribían cal era esa comida. Resultoulles moi divertido e etaban moi ilusionados por traballar coa Tablet, ver a foto coas caras dos compañeiros expresando ese sentimento de disgusto e ver o que escribiran.
Aquí están as comidas que menos gustan


Na clase de Pura, EN PUNXÍN, aproveitando a imaxe da disección dunha galiña, utilizamos o thinglink para repasar as partes principais do seu interior.



Na clase de 1º de LOLI empregamos o thinglink para practicar e situar os ósos do corpo. Unha vez postos os nomes entre todos na imaxe correspondente, subímolo ao blog de aula e foi moi visitado polos alumnos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario