martes, 3 de marzo de 2015

NOVA XUNTANZA: AS TAREFAS

Onte tivemos unha nova xuntanza en Punxin. Colexio ao que lle imos collendo cada vez máis apego ;-). Nesta ocasión acompañáronos Ana e Susana para axudarnos a entender a diferenza entre exercicio, actividade e tarefa. Isto non é nada sinxelo, e certamente custounos establecer esa diferenza.

Primeiro fixo Susana unha presentación en prezi na que nos explicou, de xeito moi visual e sinxelo, como se debe programar tendo en conta a nova lei e o novo currículo de primaria. O camiño que temos que comezar é o de deseñar tarefas para o noso alumnado.

Queda aquí o Prezi que nos presentou:




Vendo este prezi e coa explicación, conseguimos entender o que é unha tarefa.

TAREFA = PRODUCTO FINAL CREATIVO, ELABORADO POLO NOSO ALUMNADO E QUE TEÑA UNHA REPERCUSIÓN SOCIAL. 

Unha vez que entendemos iso, seguimos. Debatimos tamén sobre a avaliación e vimos que temos que establecer distintas ferramentas para avaliar e asignalas aos estándares de aprendizaxe. Isto implica, que un estándar pode ser avaliado por observación, outro a través dunha rúbrica e outros a través de fichas de control, autaavaliación ou coavaliación. Hai moitas ferramentas é o noso traballo consistirá en elexir a máis axeitada para cada estándar.

Agora tocaba pensar nunha tarefa que iamos establecer para a nosa programación relacionada coa temática do Universo. O primeiro que fixemos foi unha choiva de ideas na que cada unha aportaba a súa proposta de tarefa. Logo de facer unha votación saiu:

TAREFA UNIVERSO = UN LIBRO

Se pensamos que con iso xa tiñamos moito adiantado, estabamos equivocadas. Porque unha vez que  expresamos en alto a nosa idea de libro, démonos conta de que cada unha de nós pensara nun libro diferente, tanto en contido como en modelo e acabado.

Vendo isto chegouse á conclusión de que por parellas, iamos plasmar no esquema de deseño de tarefa a nosa idea de libro. Isto levará a que teñamos 4 modelos diferentes.

Logo, nunha seguinte sesión poremos as nosas ideas en común e trataremos de chegar a un modelo único que vaiamos facer nas nosas aulas.

E tamén vos deixamos iste  interesante e orixinal vídeo titorial elaborado por Ana, sobre o deseño de tarefas:

                        

SEGUIREMOS AVANZANDO E INFORMANDO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario