Aquí vos deixamos o libro que elaboramos Miriam e Isabel co alumnado de 2ºB e 2ºA respectivamente, no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé de As Neves. Durante todo o proceso xuntamos os nenos e nenas das dúas aulas, para traballar de xeito conxunto. Foi unha experiencia moi enriquecedora e os nenos aprenderon e gozaron moito coas actividades, e tamén as profes.
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFA: O NOSO LIBRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFA: O NOSO LIBRO. Mostrar todas las entradas
sábado, 20 de junio de 2015
jueves, 4 de junio de 2015
O libro do UNIVERSO do alumnado de Pura e Loli.
Iste é un ISSUU do libro que elaborou o alumnado das profes Pura e Loli. (CEIP de Punxín e aula de 1ºB de Seixalbo, Ourense)
Aínda que pertencen a centros distintos, fixeron o traballo en equipo entre as dúa aulas e iste é o espectacular resultado:
domingo, 17 de mayo de 2015
O LIBRO DO UNIVERSO DE OLIVEIRA
As clases de 1º e 2º de Oliveira fixemos o noso libro do Universo, cada clase fixo o seu propio, no mesmo formato e tamaño, unha vez elaborada cada unha das partes, decidimos xuntalas para crear un único libro coas nosas preguntas e respostas sobre o Universo.
Imos plastificalo para que teña unha longa vida na BIBLIOTECA do noso centro e así poder miralo cando queiramos .
Pero tamén o volcamos nun ISSUU para poder compartilo coas familias, e con outros nenos e nenas, acó vos queda o noso libro, do que estamos moi orgullosas e orgullosos.
Imos plastificalo para que teña unha longa vida na BIBLIOTECA do noso centro e así poder miralo cando queiramos .
Pero tamén o volcamos nun ISSUU para poder compartilo coas familias, e con outros nenos e nenas, acó vos queda o noso libro, do que estamos moi orgullosas e orgullosos.
jueves, 16 de abril de 2015
Traballando sobre o Universo na clase de 2º en Oliveira
Na nosa clase estamos traballando o tema dende distintos enfoques, ademais da área de coñecemento estamos traballando tamén na área de língua e potenciando a nosa imaxinación .
Comezamos cunha nova do xornal escolar da Voz de Galicia: Chegou a hora de falar con extraterrestres? que nos deu moitísmo xogo e deu lugar á que voase a nosa imaxinación especulando sobre o tema.

Dando lugar a un amplo debate sobre se cremos que existen os extraterrestres, ou no seu caso vida noutros planetas ( e tamén falamos moito sobre a existencia de auga noutros planetas.. microorganismos..).. sometemos o tema á votación, e o resultado é o que podedes observar na imaxe...
Despois deixamos voar a nosa imaxinación: Se foses unha científica ou científico e tivese que enviar unha mensaxe ó espazo que escribirías? Acó tedes algunhas respostas
Despois trocamos os papeis e démoslle a volta á tortilla.. e a pregunta foi a seguinte:
E tivemos respostas do máis orixinal, planetas onde había miles de cores, formas e tamén moi doces nos que todo absolutamente todo eran lambetadas...
Cando tiñamos o tema algo dominado, fixemos un rap coa APP AUTORAP que tanto nos gusta, coas cousas que máis nos chamaron a atención sobre a temática. O NOSO RAP DO UNIVERSO.
Mentres traballabamos o tema pasou algo que nos chamou moitísimo a atención: A ECLIPSE, e investigamos moito, miramos artigos de prensa e aprendimos como debíamos observar a eclipse, porqué ocorría e tamén cando sería a próxima... acó vos queda un link ó noso blogue de aula para que vexades canto investigamos sobre a ECLIPSE DO 20 DE MARZO.
E non so traballamos linguas, tamén traballamos educación artística, e a profe Ana fixo con nós unha actividade artística que nos gustou moito moito moito. E estivemos elaborando unha gráfica despois de enquisar ós nenos e nenas de primaria... E a profe Silvia tamén traballou con nós o universo.
E agora estamos elaborando o noso LIBRO DO UNIVERSO... seguiremos informando!!!!!
No noso blogue de aula, temos unha categoría UNIVERSO na que iremos poñendo todo o relacionado co tema.
Para celebrar os 25 años do lanzamento do telescopio espacial Hubble, a banda granadina Lori Meyers grabou un tema en exclusiva para National Geographic Channel titulado Telescopio Hubble, que xa ten un videoclip!!! E mirámolo hoxe en clase, gustounos moooito moitooo!!No noso blogue de aula, temos unha categoría UNIVERSO na que iremos poñendo todo o relacionado co tema.
viernes, 10 de abril de 2015
Symbaloo: UNIVERSO
Neste symbaloo recóllense enlaces a distintos recursos para empregar no desenvolvemento do noso traballo sobre o Universo.
martes, 17 de marzo de 2015
TAREFA: FACEMOS O NOSO LIBRO : Actividade 1: QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER (TODAS)
EXERCICIO 1: Cómo medio de estímulo inicial para a tarefa do Universo eleximos o conto "A que sabe a Lúa"
Esta é unha das opcións de presentarlles o conto sen ter que lelo nós. E poderiase aproveitar para traballar de paso a comprensión lectora.
EXERCICIO 2: Que sabemos do Universo?
EXERCICIO 3: Que queremos saber?
Ao rematar o exercicio 3 teremos un listado de preguntas que serán a base para o desenvolvemento das demais actividades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.png)



